Que é o Foro Galego do Emprendemento
Unha praza aberta para facilitar a colaboración entre institucións, entidades, asociacións ou organismos intermedios con obxectivos comúns no eido da formación e o asesoramento a emprendedores, na prestación de servizos e apoios para facilitar a implantación e a consolidación de novas iniciativas empresariais.
Todo iso é o Foro Galego do Emprendemento.
Una sala de xuntas sempre dispoñible para presentar problemas e procurar solucións, un sitio para ensinar e aprender, para a posta en común e a busca de solucións ás dificultades relacionados co apoio e asistencia aos emprendedores.
O Foro Galego do Emprendemento é un espazo onde caben e deben estar todas as entidades, públicas ou privadas, con algo que dicir e labor que facer arredor dos mozos que poden ser empresarios no futuro e, sobre todo, cos novos emprendedores que se enfrontan ao reto de impulsar unha nova iniciativa empresarial.
Neste Foro, a colaboración articularase principalmente en liña, a través deste portal e mediante grupos de traballo sobre normativas, mecanismos de coordinación, financiamento de proxectos, estudos, metodoloxías e ferramentas, entre outros posibles aspectos.
Haberá tamén sesións plenarias, entre elas a celebrada o 23 de maio de 2006, coincidindo coa celebración do I Día Galego do Emprendedor.
A porta está aberta. Nesta sala de xuntas cabemos todos. Debemos estar todos.
