O Novo Programa de Mobilidade para Emprendedores - Erasmus para Xóvenes Emprendedores


  • O programa “Erasmus para Xóvenes Emprendedores” destínase a incentivar, por un lado, o emprendedorismo e a competitividade, e por outro, a internacionalización e o crecemento das novas PME´s e das PME´s con experiencia, a través da transferencia de coñecemento entre as empresas de acollida e os novos emprendedores.

     

    “Igual o que ven sucedendo no programa Erasmus para estudantes, o Erasmus para Xóvenes Emprendedores pretende reforzar a relación e entendemento entre ciudadáns de diferentes países da UE. Adicionalmente, o programa promoverá o espírito emprendedor en Europa contribuíndo á creación de máis e máis fortes empresas–un valor crucial na loita contra a actual crise económica.

     

    Os Xóvenes Emprendedores Europeos poden pasar ata un máximo de 6 meses traballando conxuntamente con un empresario con experiencia de outro país da Unión Europea (UE) e aproveitar para aprender como mellorar a xestión e o crecemento do seu propio negocio. Este é o concepto do “Erasmus para Xóvenes Emprendedores”, un novo programa de intercambio financiado pola Unión Europea que se puxo en marcha o pasado 19 de Febreiro de 2009, nos 27 Estados Membros.

     

    A Fundación Universidade da Coruña, é unha das organizacións intermediarias a nivel nacional, que apoia os novos emprendedores no proceso de matching cos empresarios de acollida e, ao abrigo do programa, aporta os gastos de mobilidade (desprazamento e estancias).

     

    Destinatarios:

     

    1. Organizacións multiplicadoras: universidades, asociacións de estudantes, asociacións empresariais, incubadoras de negocio e outros IO’s potenciais.
    2. Novos emprendedores potenciais – NEs.
    3. Empresarios de acollida potenciais (empresarios con experiencia) – HEs.

     

    Orde do día

    Triptico do Programa Erasmus para Xovenes Emprendedores

     

    Máis Información e inscrición: www.fundacion.udc.es ou a través de correo electrónico: monicapousa@udc.es. Cumprimentar Boletín de Inscrición e remitilo por e-mail.

     

    A data límite para confirmar asistencia: 29 de abril de 2009