Por primeira vez en Europa, celebrarase a Semana Europea das PEME, enmarcada dentro do ano de Creatividade e Innovación. Este proxecto nace coa idea de colaborar de forma conxuta na difusión da importancia da mellora da competitividade e na productividade.
O CEER participado polas universidades públicas de Galicia e o Norte de Portugal quere contribuir na promoción da cultura emprendedora realizando dous workshops. Estas xornadas de traballo levarán por título As 5 W´s na innovación, onde se pretende responder as cuestión de que, quen, cando, como, onde podemos innovar.
Os workshops contarán con casos de éxito empresarial, onde explicaran como se pode mellorar a productividade incorporando a innovación na empresa. Asi mesmo participarán representantes das oficinas de innovación da universidades de Santiago de Compostela, A coruña, Vigo, UTAD, Minho e Porto que nos informarán do papel das universidades como xeneradoras de coñecemento e innovación.
As xornadas artéllanse como unha ponte máis entre as empresas, as universidades e a sociedade. Motivo polo cal o CEER terá como socios a Concellería de Innovación do Concello de Vilagarcía, a Unirisco, Maiainova e Tecmaia.
Os workshops As 5 w´s na innovación terán lugar o luns 11 de maio en Maia no auditorío de Tecmaia e o mércores 13 de Maio en Vilagarcía de Arousa.
No caso de Vilagarcía de Arousa, o workshop terá lugar o mércores 13 de Maio no
Auditorio, co seguinte programa: 10:30-11:30.- Inauguración
institucional. D. Senén Barro Ameneiro, presidente do CEER; Doa Dores García
Giménez, alcaldesa de Vilagarcía; Doa Rosa Abuin, concelleira de innovación do
Concello de Vilagarcía; D. Carlos Ferrás, director do CEER. 11:30-12:00.-
Relatorio What? Que supón para a innovación para unha empresa?. Representante
empresa exitosa na innovación. Fundiciones Rei. 12:00-12:30.-Pausa e café.
13:00-13:30.- Relatorio Who? Quen pode financiar a innovación? Doa Pilar
Pintor Vázquez. Directora da Oficina de Transferencia I+D da UDC
13:30-14:30.- Vísita ao CIRA-Centro de Interpretación dá Ría de
Arousa. 14:30-16:00.- Xantar libre. 16:00-16:30.- Relatorio When? Cando
é bo momento para innovar? Representante da empresa Pita Hermanos
16:30-17:00.- Relatorio Where? Onde podemos atopar axuda? Don Jose Luís
Villaverde. Director asociado do centro de innovación e transferencia de
tecnoloxía da USC. 17:00-17:30.-Relatorio How? Como podemos incorporar a
innovación na empresa. Doa Ángeles López Lozano, directora da Oficina
Transferencia de I D dá UVigo
17:30-18:00.-Panel de discusión. Posta en
común. Debate representantes empresas e mundo académica. Doa Yolanda Falcón
García. Xerente de investimentos Unirisco.
18:00-18:15.- Acto de clausura.
Don Senén Barro, Reitor dá Universidade de Santiago de Compostela; Don Jose
María Barja, reitor Universidade A Coruña; Don Jose Manuel García, comisionado
do plan Estratéxico da Universidade de Vigo, e Don Miguel Sopas deMelo
Bandeira, secretario do CEER,
Para máis información poden dirixirse ao correo: santiagotec@fceer.org