Workshop As 5 W´s na innovación

Por primeira vez en Europa, celebrarase a Semana Europea das PEME, enmarcada dentro do ano de Creatividade e Innovación. Este proxecto nace coa idea de colaborar de forma conxuta na difusión da importancia da mellora da competitividade e na productividade.

O CEER participado polas universidades públicas de Galicia e o Norte de Portugal quere contribuir na promoción da cultura emprendedora realizando dous workshops. Estas xornadas de traballo levarán por título As 5 W´s na innovación, onde se pretende responder as cuestión de que, quen, cando, como, onde podemos innovar. Os workshops contarán con casos de éxito empresarial, onde explicaran como se pode mellorar a productividade incorporando a innovación na empresa. Asi mesmo participarán representantes das oficinas de innovación da universidades de Santiago de Compostela, A Coruña, Vigo, UTAD, Minho e Porto que nos informarán do papel das universidades como xeneradoras de coñecemento e innovación.

As xornadas artéllanse como unha ponte máis entre as empresas, as universidades e a sociedade. Motivo polo cal o CEER terá como socios a Concellería de Innovación do Concello de Vilagarcía, a Unirisco, Maiainova e Tecmaia.

Os workshops As 5 w´s na innovación terán lugar o luns 11 de maio en Maia no auditorío de Tecmaia e o mércores 13 de Maio en Vilagarcía de Arousa.

No caso de Vilagarcía de Arousa, o workshop terá lugar o mércores 13 de Maio no Auditorio, co seguinte programa:

10:30-11:30.- Inauguración institucional. D. Senén Barro Ameneiro, presidente do CEER; Dona Dores García Giménez, alcaldesa de Vilagarcía; Dona Rosa Abuin, concelleira de innovación do Concello de Vilagarcía; D. Carlos Ferrás, director do CEER.
11:30-12:00.- Relatorio What? Que supón para a innovación para unha empresa?. Representante empresa exitosa na innovación. Fundiciones Rey.
12:00-12:30.-Pausa e café.
13:00-13:30.- Relatorio Who? Quen pode financiar a innovación? Dona Pilar Pintor Vázquez. Directora da Oficina de Transferencia I+D da UDC
13:30-14:30.- Vísita ao CIRA- Centro de Interpretación dá Ría de Arousa.
14:30-16:00.- Xantar libre.
16:00-16:30.- Relatorio When? Cando é bo momento para innovar? Representante da empresa Pita Hermanos
16:30-17:00.- Relatorio Where? Onde podemos atopar axuda? Don Jose Luís Villaverde. Director asociado do Centro de innovación e transferencia de tecnoloxía da USC.
17:00-17:30.-Relatorio How? Como podemos incorporar a innovación na empresa. Dona Ángeles López Lozano, directora da Oficina Transferencia de I+D da UVigo
17:30-18:00.-Panel de discusión. Posta en común. Debate representantes empresas e mundo académica. Dona Yolanda Falcón García. Xerente de investimentos Unirisco.
18:00-18:15.- Acto de clausura. Don Senén Barro, Reitor da Universidade de Santiago de Compostela; Don Jose María Barja, reitor da Universidade A Coruña; Don Jose Manuel García, comisionado do plan Estratéxico da Universidade de Vigo, e Don Miguel Sopas de Melo Bandeira, secretario do CEER,

Para máis información, poden poñerese en contacto por email ao seguinte enderezo: santiagotec@fceer.org ou visitar a web www.fceer.org