Xornada "Empresas en internet: modelos de negocio que funcionan"

O mércores día 27 de xaneiro estréase Iniciador Galicia en Vigo con Javier Martín quen dará unha charla titulada: "Empresas en internet: modelos de negocio que funcionan".

   

No evento, farase unha análise dos modelos de negocios que son rendibles na actualidade e explicará os factores clave de cada un deles. Ademais repasará as ferramentas de Social Media e contará como estas poden contribuír a que as empresas teñan éxito en internet.

   

Javier Martín é o responsable dun dos blogs sobre negocio en internet máis leídos en español, Loogic.com, e un dos promotores de Inventa Internet, consultora de desenvolvemento de negocio, de Hostarting, unha web de comparación de prezos de dominios e hosting, e de Recomendar.com, unha comunidade de recomendación entre usuarios.

  

A xornada celebrarase na Fundación Caixa Galicia, sita na rúa Policarpo Sanz, 21 en Vigo, as 19:00 horas, para máis información sobre este evento e como confirmar a túa asistencia na web de Iniciador Galicia.