Iniciador Galicia en Santiago de Compostela


  • O día 4 de marzo terá lugar unha nova edición de Iniciador Galicia. Esta vez será no Centro On de Santiago de Compostela, cunha ponencia a cargo de Eduardo Manchón. O evento terá lugar ás 19:30 horas. no Centro On de Caixa Galicia, no número 33 da Rua Nova.

        

    Eduardo inspirouse na súa afección pola fotografía para crear un proxecto, Panoramio, que acabaría converténdose na única empresa española adquirida por Google. Empresa cuxas filas abandonou fai poucos meses para emprender un novo proyeto, o buscador hiperlocal Askaro.com. Máis información e confirmar asistencia na Web de Iniciador Galicia