BIC Galicia e EGANET presentan un programa formativo para directivos de empresas TIC


  • A Asociación de Empresas Galegas de Internet e Novas Tecnoloxías responde con este programa ás necesidades formativas do sector galego das TIC, un sector caracterizado pola súa mocidade e composto por empresas tecnolóxicas de pequeno e mediano tamaño, con perfís profesionais moi técnicos e de alta cualificación pero pouco familiarizados coas tarefas básicas de administración e dirección de empresas.

     

    O programa formativo que se desenvolverá a partir do mes de setembro comeza con 40 horas de formación especializada nas cinco áreas de xestión da empresa: Dirección Estratéxica; Dirección de Mercadotecnia e Comercial; Dirección de Operacións; Dirección de Control e Xestión; e Dirección e Xestión dos Recursos Humanos. Aos talleres formativos séguelles unha etapa de mentorización empresarial (6 hrs.) na que a empresa toma contacto cun mentor con experiencia no mundo da empresa, e unha xornada de negocios na que, durante un fin de semana, intercambiaranse experiencias con outros empresarios, daranse a coñecer as empresas e os seus produtos e/ou servizos, poranse en práctica os coñecementos e pautas establecidas na formación previa e ampliarase a rede de contactos dos participantes.

     

    Poden participar empresas do sector TIC, asociadas ou non a EGANET. As empresas interesadas poden obter máis información e inscribirse xa no mail info@eganet.org ou no teléfono da asociación, 881 97 69 30.

     

     

    Os días do curso están pendentes de confirmación, pero como adianto informámolos de que se están a contemplar os venres 10, 17 e 24 de setembro e 1 e 8 de outubro, en horario de 10,00h. a 14,00h. e de 16,00 a 20,00h. Realizarase en Santiago de Compostela e a aula concretarase en función do número de asistentes.

     

    Mais información do curso clic aquí: Como levar as rendas dunha empresa tecnolóxica