Instrumentos de Financiamento para Startups Innovadoras: Capital Risco e Business Angels

Facilitar o desenvolvemento de novas empresas de base tecnolóxica é o obxectivo que busca a Consellería de Economía e Industria ao promover a organización da xornada “Instrumentos de Financiamento para Startups Innovadoras: Capital Risco e Business Angels”, que se desenvolverá o próximo 29 de setembro en Santiago. O encontro organizado polo Igape e BIC Galicia no marco do programa comunitario AT-Venture pretende facer posible que os emprendedores e empresas dispostas a poñer en marcha novos proxectos cun perfil innovador coñezan en profundidade todos os instrumentos de financiamento que existen no mercado.

 

O programa inclúe relatorios, mesas redondas e tempo para networking. Nunha mesa redonda sobre o financiamento para emprendedores e pemes innovadoras participarán o director xeral de Xesgalicia, a sociedade xestora de fondos de capital risco da Xunta, Javier Aguilera, e o director xeral de I+D+i, Ricardo Capilla, xunto con Pedro Granado, director de relacións institucionais de Enisa, e Miguel Ángel García, do departamento de promoción da innovación do CDTI. A xornada contará coa participación do director de SeedRocket, Marek Fodor, co-fundador de Atrápalo, que ofrecerá un relatorio centrado nos aspectos a ter en conta para identificar unha boa oportunidade de investimento.

 

Máis información e inscricións www.foroinversiongalicia.com