Categorías
| Total | Temas (37) | Replicas (377) |
|---|---|---|
| autoemprego | 1 | 2 |
| capital risco | 1 | 2 |
| creatividade | 1 | 1 |
| economía social | 1 | 2 |
| emprendedor | 1 | 8 |
| emprendedores | 4 | 305 |
| emprendemento | 2 | 3 |
| emprender internet | 3 | 4 |
| empresa | 2 | 2 |
| formación | 4 | 8 |
| innovación | 2 | 2 |
| internalización | 1 | 8 |
| investimentos | 1 | 2 |
| Irlanda | 1 | 8 |
| networking | 1 | 1 |
| premios emprendedores | 1 | 1 |
| proxectos tecnolóxicos | 2 | 2 |
| redes sociais | 3 | 3 |
| start-ups | 1 | 2 |
| universidade | 3 | 10 |
| Web 2.0 | 1 | 1 |
Tags
Por qué unha rede social
O motivo de facer unha rede extendida do emprendedor baseada na rede social, resúmese moi ben nesta frase da xornalista Marga Pazos "A receita do éxito é poder materializar todo o talento que aportan os recursos humanos dun país".
Unha rede social é unha ferramenta colaborativa na que flúe a información, establécense contactos, expándese o coñecemento xerado polos seus membros, e por tanto unha forma de xestionar o talento das persoas que participan nesta rede, e que ademais, o traballar en entidades que apoian os emprendedores, serán os proxectos emprendedores en último caso os beneficiarios do valor engadido que xere a rede extendida do emprendedor.
Por outra parte, a rede extendida do emprendedor, configúrase como unha ferramenta non intrusiva nos obxectivos de cada entidade, non competitiva, xa qué non é outra web de contidos para emprendedores, senón que é una ferramenta de comunicación complementaria co traballo que fai cada membro da rede, de forma que o seu uso beneficia de forma directa ás persoas que participan na rede e axuda a planificar e mellorar a execución dos programas de apoio existentes nas entidades nas que traballan.
