Open Talent. Iniciativa do BBVA para apoiar startups tecnolóxicas

Hoxe 16 de febreiro arrinca a Iniciativa BBVA Open Talent cuxo obxectivo é apoiar proxectos e/ou empresas en fases iniciais no ámbito do desenvolvemento de proxectos ou servizos innovadores de base tecnolóxica que beneficien a contorna empresarial ou social, podendo chegar a converterse o BBVA en socio empresarial do proxecto gañador a través da entrada no capital social da persoa xurídica (que xa exista ou que se cre posteriormente á adxudicación do premio) mediante a achega, por BBVA, de ata un máximo de cen mil euros (100.000 €). 

As candidaturas deben remitirse a http://www.bbvaopentalent.com antes do 15 de Marzo de 2009. Unha vez finalizado o prazo para presentar proxectos se abriran unha fase de votacións aberta a todo o mundo que se realizarán do 16 de marzo ao 15 de abril para elixir o proxecto. Interesante formato para dinamizar un concurso de emprendedores, onde se intenta por unha banda potenciar a difusión a través de Internet e facer partícipe da iniciativa ao maior número de persoas interesadas no emprendimiento, a tecnoloxía e os negocios.